domingo, 16 de diciembre de 2012
ENTROIDO DE OIMBRA
Dos tres días que tradicionalmente compoñen “o entroido”, en Oimbra pódese decir que soio se celebran dous: “o lúns de bodegas” e “o martes de fachucos”. O lúns, acompañados pola charanga de “toda a vida”, percorremos tódalas bodegas do pobo, comendo, bailando e sobre todo bebendo. ¡Hai que beber aproximadamente en cento dez sitios!. Redord Guinness. Todo eso con carreiras inesperadas cando aparecen co caldeiro na man: “O nivardo, O Angel, O Javi, O Xando, O Adolfito e o Arturo” repartindo a mansalva sacos de “formigas” para caldear un pouco o ambiente. A noite remata na praza con alegría general. O martes e o día que pola mañán imos “ás Touzas” facer os fachucos e o muñeco do Entroido. Pola tarde, previo percorrido polas rúas do pobo, lévase todo pra praza. Logo do baile, merenda popular e viño ó tolo. Cando cae a noite, e cas luces apagadas, préndeselle lume ós fachucos, e logo de desfilar polas rúas, remátase na praza para queima do “Entroido”. Neste momento entran en acción dous especialistas da pólvora: “O Palomo eo Valenciano”, auxiliados polo “José Antonio do Rosal” que con poucos cartos, fan un barullo tremendo. Ainda que estas festas se sufragan ca aportación dos vecinos, non podemos olvidarnos dos organizadores: “os rapaces da Alicia e o Xando da Ineva”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)










No hay comentarios:
Publicar un comentario